RSE

RSE

1.PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

 

 

Arestora Consultores S.L, resultou beneficiaria das subvencións a bolsas que se paguen ás persoas novas que realicen as prácticas non laborais en empresas, esta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

As prácticas non laborais van dirixidas a mozos de máis de 18 anos e e menos de 25, e menores de 30 anos con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que non estean traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas, e estén inscritas na base de datos do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxetivo: Integración sustentable no mercado de traballo das persoas novas que non se atopan empregadas, nin participan en actividades de educación nin formación, para reforzar a súa empregabilidade e as competencias profesionais no contexto da garantía xuvenil.

O resultado destas prácticas é o incremento as oportunidades de emprego para este colectivo e a contribución a facilitar o seu acceso ao mercado de traballo, á ocupación e á adquisición de práctica laboral nun contorno real.

 

2. FOMENTO E APLICACIÓN DE MEDIDAS EN MATERIA DE FELIXIBILIDADE HORARIA

Axudas para fomento e aplicación de medidas de flexibilidade horaria

Axuda concedida a ARESTORA FORMACIÓN S.L., para o FOMENTO E APLICACIÓN DE MEDIDAS EN MATERIA DE FLEXIBILIDADE HORARIA, en base á Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal nas pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016,

Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

Programa 1: Incentivos económicos para fomento do teletraballo e da flexibilidade horaria.

Co apoio da axuda concedida a empresa ARESTORA FORMACIÓN S.L., formalizou un ACORDO COLECTIVO ENTRE A EMPRESA E O SEU PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN, PARA O FOMENTO E APLICACIÓN DE MEDIDAS EN MATERIA DE FLEXIBILIDADE HORARIA.

Durante o ano 2016, unha traballadora da área de administración adscribiuse ao mesmo, permitindo acollerse ás diversas medidas contempladas, de tal forma que veu favorecida a conciliación laboral, familiar e persoal.

Axuda financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciada polo P.O. FSE Galicia 2014-2020.

Obxectivos:

Aplicar na empresa MEDIDAS EN MATERIA DE FLEXIBILIDADE HORARIA, co obxectivo de:

  1. Conseguir equilibrar as responsabilidades laborais e familiares das persoas que compoñen o cadro de administración de ARESTORA FORMACIÓN, S.L., fomentando estratexias flexibles na organización do traballo que favorezan a conciliación laboral, familiar e persoal.
  2. Adaptar a empresa ós cambios que se producen na sociedade, relativos á familia, ós indicadores sociais, ós hábitos e ás costumes.
  3. Facilitar as condicións para favorecer a mellora continua do seu persoal e cobertura das necesidades formativas.
  4. Protexer a maternidade e paternidade, o coidado dos fillos e fillas menores e as persoas dependentes, fomentando a plena integración de homes e mulleres con responsabilidades familiares na organización.
  5. Favorecer o acceso e mantemento da muller o emprego.
  6. Establecer estratexias de xestión dos Recursos Humanos non discriminatorios, que favorezan a igualdade de oportunidades nas áreas de formación, promoción e conciliación do seu persoal.